
Oposicións de Lingua e Lit. Galega - online
Curso online para a preparación de oposicións ao corpo de profesores de ensino Secundario.
En PREMIR non se fala de "aprobados". Falamos de "números un".
Nin márketin nin promocións. A nosa carta de presentación son os mellores resultados nas últimas oposicións de ensino. En Secundaria, 11 números un nas pasadas oposicións e 48 persoas entre os cinco primeiros postos. E isto só en Galicia.
Con máis de 30 anos de experiencia preparando opositores, o noso sistema de alto rendemento esténdese agora para toda España a través da rede e cun método de preparación online que incorpora todas as claves do noso sistema presencial.
Ordenación do curso
...
Non existen métodos máxicos
Todo depende de ti. Non existen métodos máxicos nin sistemas infalibles. O mellor método non é o máis fácil ou o que busca atallos, senón o que dá resultados. A preparación dunhas oposicións é algo demasiado serio como para "experimentar" con métodos-promesa. Por iso, o noso sistema de preparación online emprega a metodoloxía de sempre cos mesmos preparadores que no sistema presencial. O mesmo sistema que nestas últimas oposicións deu os resultados que podes ver no vídeo.
Estrutura semanal
Semanalmente, o profesorado programa unha serie de tarefas para traballar o exercicio práctico, tema, programación e unidades didácticas. O planning ten unha estrutura clara para que poidas traballar marcándoche metas semanais coas explicacións do profesorado e diferentes ferramentas multimedia coas que poderás expoñer as túas dúbidas, aclaralas e interactuar co teu docente e compañeiros clase. Coma se estiveses nela... pero desde onde queiras
Temario e prácticos
O temario, con contidos actualizados, poderá recibirse en casa ou recollerse no centro PREMIR máis próximo. O seu formato, deseñado por antigos alumnos, está pensado para que sexa manexable, poidas subliñalo e facer as túas propias anotacións. Os prácticos, a proba de maior peso na oposición, están baseados nos últimos exercicios reais de oposición. Garántese o traballo intensivo semanal dos mesmos de tal maneira que, ao finalizar o curso, o alumnado atoparase cunha cantidade moi importante de casos e preguntas similares ás da oposición.Programación e unidades

Conferencias e congresos
Ademais das clases ordinarias, todo o alumnado de PREMIR, incluído o alumnado online, poderá asistir a un programa de conferencias e congresos que se desenvolve ao longo do curso de temáticas educativas de máxima actualidade relacionadas coa oposición.
Siempre nos tes a man
Chámanos. Ou ven! Sempre tes a man un centro PREMIR e sempre tes a alguén que poida atenderte.
Pásate a online. Ou viceversa.
Chamáronte para traballar e non podes continuar? Pásate a online. Cámbianche o horario e podes volver a clase de novo? Agardámoste no teu centro... ou no que queiras. Cando queiras. Así de fácil. Sen sobrecusto nin compromiso.
As túas clases cando queiras. Onde queiras.
Cursos íntegramente online
Formación íntegramente online. As túas clases, cando queiras: 24 horas, 365 días do ano.
Preparamos TODO
Práctico, tema, programación e unidades didácticas. Preparamos todas as partes da oposición.
Seguimento semanal
O mellor do noso sistema presencial, trasladado á modalidade online: seguimento semanal.
Os mellores preparadores
Todos os nosos profesores foron antigos tribunais ou números un na súa oposición.
Masterclass en oratoria
Un entrenador en oratoria analizará as túas capacidades expresivas e orientará a túa linguaxe verbal e corporal.
Equipo de pedagogos
Formación a cargo de pedagogos para a realización das programacións didácticas.
Orientámosche
Necesitas coñecer máis antes de matricularte? O noso equipo de orientadores explícache o que necesites.
ChámanosComo será a túa aula?
Un campus máis real que virtual. A estrutura do campus, a aula, as túas sesións, os videotitoriais e webinars... todos os elementos que atopes dentro do campus teñen un só obxectivo: facilitar o teu traballo coa flexibilidade do sistema online
Coñece o campus